Giovani dedicou o tempo para a análise dos recursos utilizados no Brasil e as repercusións desde materiais como obxectos de homoxeneización e de destrución das comunidades indíxenas deste rico país en diferenzas.

Desenvolveu unha análise dos libros de texto, en cada unha das súas características, desde o punto de vista do contido. Procurou abrir as miradas á análise dos aspectos dos procedementos e actitudes, observando que median na percepción do concepto persoal e acepción da constitución da persoa e da comuninade.

Aborda a imaxe distorsionada do brasileiro, que procura ter unha imaxe europeizada e que faga desaparecer calquera indicio do indíxena, que aínda na actualidade se ven considerando sinónimo de «atrasado» «inculto» e outros calificativos pouco afortunados e que mitifican ao indíxena como un ser ancestral.

Neste sentido ven de reclamar entre outros estudosos a voz das minorías do seu país, a través da súa voz, procurándolles un espazo no académico, pois doutro xeito non existen.

Así, dedica outra parte importante do obradoiro a amosar alternativas ao libro de texto oficial do estado brasileiro, para construír unha imaxe máis apropiada do indíxena como identidade importante no país e verdadeira fonte da orixe do país. Neste sentido, amosa, pequenos libros que crearía a partir das inquedanzas dos propios estudantes aos que chegou a dar clase na ensinanza da lectura e a escrita.

Amósanos estes materiais alternativos e lanza a inquedanza de que aínda está a procurar o formato máis adecuado para achegara lectura e a escritura á realidade do mundo indíxena, consciente de que facelo supón, así mesmo certo cambio, por ambas partes da sociedade. Por unha banda a aceptación do mundo indíxena como unha realidade marabillosa, e por outra parte, a inevitable perda de certa identidade, irreconciliable coa sociedade occidental.