Buscar

SEMINAR-WORKSHOP ON THE EVALUATION OF TEACHING MATERIALS

EIGHTH EDITION

Conclusións

 

Véxase o resumo da actividade do venres 17 de febreiro

Véxase conclusións obradoiros 2017 18 de febreiro

Anuncios

Lugar do evento

Ano 2017

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

 O Xestal s/n, 15619. Monfero, A Coruña

Localización

Onde durmir: O garfo (Irixoa)

Onde comer: Café Bar Arias (no cruce que vai ao centro)

Mirador da Carbueira en Monfero

Mirador de Carbueira

Monasterio de Santa María de Monfero

Mosteiro de Santa María de Monfero

Fragas do Eume

___________________________________________

 

Obradoiros

Obradoiros 2017

Obradoiros de mañá (elección 1ª)

1. Experiencias didácticas relacionadas coa educación e as ONGD nas distintas redes. Análise e deseño dos materiais. Marta Esplugues Cebrían (CEIP Rosario Pérez)

2. Videoxogos para promover cambios sociais. Coñecer e analizar xogos serios dirixidos ao tratamento de problemáticas actuais. Silvia López Gómez e Sandra Dorado Gómez (Grupo de Investigación Stellae – USC)

3. Análise do Libro de texto Dixital. Nerea Rodríguez Regueira (Mestra e membro do Grupo de Investigación Stellae)

Obradoiros de tarde (elección 2ª)

4. Materiais didácticos para escola e comunidade elaborados dende o contexto local. Denébola Álvarez Seoane (USC)

5. O espelho roto que fire a um povo: a violencia simbólica no currículum oculto nas etapas de Ed. Infantil, Primária e Secundária. Santiago Quiroga García e Fernando Martínez Yáñez (Docentes de ensinanzas obrigatorias)

6. Imaxes e textos sobre os indíxenas en materiais didácticos do Brasil: unha avaliación. Prof. Dr. Giovani José da Silva (Universidade Federal do Amapá)

 

 

Temática do Seminario

2017

O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, vai pola súa VIII edición.

Nesta edición queremos achegarnos a outras realidades e a reflexión sobre as visión que se fai das minorías locais e da súa cultura e contorna nos materiais didácticos e libros de texto, na procura de alternativas. Este ano, a temática xira a redor da análise dos recursos relacionados coas ONGs, onde a poñente, mestra e estudosa, Marta Esplugues e a experta elexida para conducir este achegamento. Ademais, contamos cun convidado das Américas que nos achegará ao mundo indíxena a través dos materiais na procura de novos horizontes.

Procura ter un carácter innovador e emprendedor como parte necesaria da formación docente actual. Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino (regrado ou non). Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.

 

 

Blog de WordPress.com.

Subir ↑